Partillamos o video das compañeiras de Galiza Contrainfo sobre a campaña #AlumeandoAMiseria.
Así presentan o vídeo no seu canle:
"A Asemblea por un Vigo máis social vén de lanzar a campaña "Alumeando a miseria". Os diversos colectivos que participan nela queren denunciar as políticas do concello dirixido por Abel Caballero, que este ano vai gastar 1 millón de euros no alumeado de nadal (a esta cifra haberá que sumarlle o consumo eléctrico xerado por este capricho ornamental), consumando un modelo de cidade pensado para as persoas que poden permitirse participar no consumismo do nadal, mentres as empobrecidas continuamos a ficar excluídas, sinalan no manifesto. E denuncian que mentres se dilapidan nas luces os cartos de todas, non hai vontade para solucionar os problemas reais da xente, a suba de alugueiros, o acceso a unha vivenda digna, a pobreza enerxética (que afecta a uns 18.000 fogares na cidade), a precariedade dos servizos sociais, as persoas sen teito, etc. Problemas que o alcalde pretende ocultar distraendo á cidadanía co espectáculo das luces, apuntan desde a asemblea".