Inicio

Remata o Nadal, mais a resaca lumínica non nos impide seguir querendo pular pola transformación social. Logo de semanas de xuntarnos, trazar ideas, diseccionar orzamentos municipais, crear panxoliñas, repartir postais, desafinar nas rúas, turistear criticamente, xuntar forzas...

O sábado 5 de xaneiro na zona peonil do Calvario faremos reparto dos seis modelos de postais da campaña #AlumeandoAMiseria. Iniciaremos a partires das 12:00 diante do Mercado do Calvario.

Malia que a noitiña non acompañaba, ducias de persoas xuntámonos para pasear polo Vigo das luces e das sombras. Un roteiro levado por unha guía turística moi "abelística" que levou ás camiñantes dende o agasallo xigante de Urzáiz con Gran Vía até a árbore da Porta do Sol.

A asemblea por un Vigo +Social e CAÍN (Colectivo de Admiradores da Iluminación de Nadal) organizamos un roteiro "turístico" baixo o lema: Vigo de luces e sombras. Será o venres 21 de decembro a partires das  19:00h e con saída no cruce de Urzáiz con Gran Vía.

Esta tarde acudimos á Oficina de Correos na praza de Compostela para presentar a tirada de 6.000 postais da camapaña #AlumeandoAMiseria. En correos enviamos as postais á Valedora do Pobo e ao Defensor del Pueblo na procura da defensa de dereitos básicos que en Vigo non son protexidos.

En Vigo temos un grande problema de “senfogarismo”. Hai un albergue municipal con só 38 prazas para unha cidade de case 300 mil habitantes. Cada noite quedan persoas fóra, por falta de camas, e dormen ao raso.

O último finado na rúa -novembro de 2018- chamábase Soumati.

O Concello inviste no MARCO, o pulmón da cultura viguesa, un total de 66.000 € en dous meses, algo que Caballero utilizou para finiquitar un modelo punteiro na arte moderna e mudalo por exposicións máis do seu gusto persoal, tal como alertaron máis de 500 profesionais do sector.

O Concello de Vigo impulsa o esquecemento e abandono de edificios históricos e de certos barrios da cidade. Por exemplo: o Barrio do Cura, a rúa da Ferrería ou a contorna da Panificadora, en prol da especulación urbanística.

A maior parte do gasto medio dos fogares destínase a cubrir a vivenda e os gastos derivados dela como son auga, electricidade, gas e outros.

Dende a Asemblea por un Vigo +Social imos presentar unha tirada de 6.000 postais dentro da campaña #AlumeandoAMiseria.

Mentres a factura da luz non para de subir nos últimos anos, o Concello ofrece como resposta, insuficiente e ineficaz, faragullas en forma de “cheque social”. Dito en números, 63.994 euros é a contía que en 2017 o Concello destinou ao pagamento de recibos da luz de fogares empobrecidos.

O Concello de Vigo gasta máis de 1.000.000 euros en decoración de nadal para apenas dous meses, mentres ofrece esmolas sociais para as veciñas sen recursos. A súa medida estrela: o “Cheque Social”.

Dámoslle pulo ao segundo video elaborado pola xente de Galiza Contrainfo sobre a campaña #AlumeandoAMiseria.

Partillamos o video das compañeiras de Galiza Contrainfo sobre a campaña #AlumeandoAMiseria.

Así presentan o vídeo no seu canle: