O Concello de Vigo impulsa o esquecemento e abandono de edificios históricos e de certos barrios da cidade. Por exemplo: o Barrio do Cura, a rúa da Ferrería ou a contorna da Panificadora, en prol da especulación urbanística.
A conta do esquecemento destes barrios e das súas xentes, estanse a construír barrios xentrificados. Depreciase o valor das vivendas e deterioran a calidade de vida dos seus moradores, para reamatar expulsándoos. Rehabilitacións estéticas e capitalistas, barrios para xente adiñeirada. Cidades escaparate para un tempo de lecer puramente mercantilizado, onde os alugueiros soben e deixan fóra os colectivos máis vulnerables.
Primeiro as persoas, nos os intereses da especuladores urbanísticos.
#Alumeandoamiseria