Inicio

Remata o Nadal, mais a resaca lumínica non nos impide seguir querendo pular pola transformación social. Logo de semanas de xuntarnos, trazar ideas, diseccionar orzamentos municipais, crear panxoliñas, repartir postais, desafinar nas rúas, turistear criticamente, xuntar forzas...

O sábado 5 de xaneiro na zona peonil do Calvario faremos reparto dos seis modelos de postais da campaña #AlumeandoAMiseria. Iniciaremos a partires das 12:00 diante do Mercado do Calvario.

O pasado venres 23 de novembro presentabamos a campaña #AlumeandoAMiseriacunha rolda de prensa diante da bola de luz situada na farola de Urzáiz.

No acto dimos lectura ao comunicado e explicamos algunhas das accións que imos facer ao longo deste Nadal.