O sábado 5 de xaneiro na zona peonil do Calvario faremos reparto dos seis modelos de postais da campaña #AlumeandoAMiseria. Iniciaremos a partires das 12:00 diante do Mercado do Calvario.
Con esta acción queremos sensibilizar á veciñanza de Vigo de que unha cidade fermosa é aquela na que todas teñan cubertas as súas necesidades básicas cubertas, por iso esiximos que os cartos que si hai para alumeado de Nadal sexan destinados a facer máis fortes as políticas sociais da cidade.