O pasado venres 23 de novembro presentabamos a campaña #AlumeandoAMiseriacunha rolda de prensa diante da bola de luz situada na farola de Urzáiz.
No acto dimos lectura ao comunicado e explicamos algunhas das accións que imos facer ao longo deste Nadal.
Seguiremos a dar conta das nosas actividades a través da web e das redes sociais. Lembra que se queres participar neste movemento podes acudir ás asembleas abertas que estamos a facer todos os mércores ás 19:00 nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Coia -Vigo).