#VigoSéculoDasLuces

O Concello inviste no MARCO, o pulmón da cultura viguesa, un total de 66.000 € en dous meses, algo que Caballero utilizou para finiquitar un modelo punteiro na arte moderna e mudalo por exposicións máis do seu gusto persoal, tal como alertaron máis de 500 profesionais do sector. Segundo o goberno local as salas de exposicións do MARCO son “moi caras”.

Máis de 1.000.000 € en luces e ornamentación de Nadal. Pero a cultura non atrae excursións como as luces. A explicación a temos na falta de investimento que provocou: o peche e abandono do Arquivo Pacheco, o peche, 3 meses despois de abrir, do Centro Fotográfico de Vigo, fin da Semana de Teatro Afeccionado, fin do Festiclown, 14 horas de apertura semanal do Verbum...

Seica a cultura non agocha as miserias da cidade, cousa que si fan as luces de nadal.

#AlumeandoAMiseria