En Vigo temos un grande problema de “senfogarismo”. Hai un albergue municipal con só 38 prazas para unha cidade de case 300 mil habitantes. Cada noite quedan persoas fóra, por falta de camas, e dormen ao raso.
O último finado na rúa -novembro de 2018- chamábase Soumati.
Os nove millóns de lámpadas de Nadal, non alumearán a súa perda. Non darán calor aos que dormen na rúa.
#AlumeandoAMiseria