roteiro

Malia que a noitiña non acompañaba, ducias de persoas xuntámonos para pasear polo Vigo das luces e das sombras. Un roteiro levado por unha guía turística moi "abelística" que levou ás camiñantes dende o agasallo xigante de Urzáiz con Gran Vía até a árbore da Porta do Sol.

A asemblea por un Vigo +Social e CAÍN (Colectivo de Admiradores da Iluminación de Nadal) organizamos un roteiro "turístico" baixo o lema: Vigo de luces e sombras. Será o venres 21 de decembro a partires das  19:00h e con saída no cruce de Urzáiz con Gran Vía.