#VigoComeLuces

O Concello de Vigo gasta máis de 1.000.000 euros en decoración de nadal para apenas dous meses, mentres ofrece esmolas sociais para as veciñas sen recursos. A súa medida estrela: o “Cheque Social”. Unha volta ao asistencialismo máis rancio, que lonxe de garantir os dereitos das persoas máis vulnerables da cidade as perpetúa na miseria. Criterios restritivos, unha morea de documentación, meses de agarda para acceder a un pagamento único que non saca a ninguén da pobreza.

Un exemplo desta faragulla. En 2017 das 1.947 solicitudes de “Cheque Social”, 840 familias ficaron fóra por superar o máximo de ingresos permitido = 550€ para unha familia de 6 persoas

#alumeandoamiseria