Mentres a factura da luz non para de subir nos últimos anos, o Concello ofrece como resposta, insuficiente e ineficaz, faragullas en forma de “cheque social”. Dito en números, 63.994 euros é a contía que en 2017 o Concello destinou ao pagamento de recibos da luz de fogares empobrecidos. Migallas en comparación cos máis de 1 millón de euros que van destinar en poñer 9 millóns de luces LED durante dous meses de Nadal.
Semella que a única luz que van ter moitos fogares da cidade vai ser a das grilandas de nadal que colocou este goberno en 350 rúas da cidade. Pouco lle peta a Caballero que na súa “cidade fermosa” moitas familias estean privadas de facer xestos tan cotiás como prender as luces ou acender a calefacción.
#alumeandoamiseria